DESDE A CORUÑA PARA A HABANA



A Coruña 15 de abril de 20015

Querida familia, escríbolles para responder a súa carta e ir presentándolles a cidade na que vivo agora, as actividades que poden facer meus primos cando veñan e os lugares que poden visitar.
Poderían empezar o paseo pola nosa fermosa cidade visitando a Torre de Hércules, que foi construída polos romanos como faro de navegación, e ten un Parque Escultórico que é un museo ao aire libre. Logo poden visitar o Acuario Finisterrae, máis coñecido como A casa dos peixes, que ten unha gran variedade de especies.



Despois recoméndolles que vaian á Domus , Casa do Home , é un museo cultural de carácter científico situado no Paseo Marítimo de Riazor, que foi construído polo arquitecto xaponés Arata Isozaqui. Pode ir á praia de Oza que pode facer algúns cursos de deportes relacionados coa vela.

Non esqueza visitar a praza de María Pita, que é o corazón da cidade, moi perto está o museo que recorda a vida desta heroína que loitou contra a flota inglesa. Tamén é unha boa opción coñecer museo de Emilia Pardo Bazán: unha condesa que triunfou na literatura como escritora e como figura pública; destacou tamén na creacion da Real Academia Galega. E podemos dar un paseo pola rúa da Sinagoga, que antigamente era o lugar de culto dos xudeus.


Para comer poden visitar dende restaurantes a tascas, tabernas o bares. Nas rúas dos viños encontraras unhas das mellores fórmulas para relaxarse. Suxírolles a tarta de Santiago é unho dos produtos reposteiros da provincia. Pero sen esquecer o Polbo a Feira que é un prato básico da economía de Galicia,



Aquí déixolles as miñas suxestións e espero que lles gusten e  lles dean máis ganas de visitarme na miña cidade de adopción. Estou moi a gusto aquí, pero non pensen que por iso esquezo Cuba. Visitennos e prométolles que a próxima vez achegareime eu á nosa querida illa.
Mentres tanto, unha aperta de
Cesar Eduardo