VIAXE VIRTUAL: A QUE PARECE QUE ESTIVEN ALÍ?

 A Coruña, 17 de decembro do 2014
Querida profe: Neste verán pasado fun ao pazo de Oca coa miña nai e a miña irmá. Íamos en coche e facía moita calor, os raios do sol que entraban pola fiestra dábanme nos ollos. Ía pensando no ben que estaría na praia cos meus amigos.
Por fin chegamos, o primeiro que vin foi a ampla plaza con cinco camiños que daban á torre. Tamén estaba a capela unida ao edificio. Aos lados do balcón había dous escudos iguais. Na fornela estaba a imaxe de Santo Antonio e na parte superior a imaxe de Santa Bárbara. No interior hai 35 figuras de José Gambino.

Xuntábanse os dous xardíns nunha fonte fermosa. Fomos caminando ata chegar ao fondo, no que descubrimos un túnel vexetal. Creo que iso foi o que máis me gustou, era todo verde e parecía que tiña un teito natural.



Chegou a hora de regresar. Estábamos bastante cansadas asique paramos en Santiago a tomar algo e aproveitamos para sacar fotos na Catedral. Foi unha viaxe interesante e moi divertida.

Xa che mando fotos que saquei nun parque do xardín e os parrulos nadando polo estanque. Fíxome moita graza o laberinto no que o meu can perdeuse e acabámolo encontrando miña irmá mais eu.



Recoméndoche que visites o pazo de Oca, saúdos profe !


Patricia Franco