Todos somos Balbino _ Adrián Méndez

ESCENA 1ª:
(Na biblioteca do instituto tres alumnos están sentados nunha mesa, esperando a dous alumnos máis e ao mestre)
-Alumno 1: E que? Vós lechedes o libro ou non?
-Alumna 2: Eu si, todo.
-Alumno 1: Ah,  ben...

ESCENA 2ª:
(O alumno 3 permanece calado. Mentres polo porta entran falando os dous alumno que faltan e mais o mestre)


-Mestre: Falta alguén? Ou xa estamos todos?
-Alumna 4: Non, xa estamos todos.
(Comezan a falar do libro de Xosé Neira Vilas "Memorias dun neno labrego")
-Mestre: Entón, que vos pareceu o libro?
-Alumna 4: A min pareceume moi triste, pobre neno! Non ten cartos, traballa coma un burro...(É interrompida polo alumno 1)-Alumno 1: Antes era así! Por desgracia había que traballar muito, para gañar pouco...
-Mestre: A verdade é que a Balbino ocórrenlle moitas cousas malas.
-Alumno 1: Pois a min en cambio gustoume, porque me transportou á aldea, á casa da miña avoa, a cando eu era un pequerrecho...
-Mestre: Dende o meu punto de vista é moi bonito, non sei moi emotivo pero como dixo ela (Alumna 4) é moi tristón.
-Alumno 1: Xa.
-Mestre: E vós..que? A ver ? Nada!
-Alumna 2: E que a min pareceume moi aburrido, a min gústanme moito os de acción e este...(Con xesto despectivo)-Mestre: Pero non houbo ningunha parte que che gustara!?
-Alumna 2: Non, ningunha en especial.
-Alumno 3: A min gustoume o capítulo do "Fumazo", e ademais como estamos chegando a San Xoán.
-Mestre:A si? Ese é moi bonito, e a ti?
-Alumno 5: A min gustoume o do "Rebusque", aínda que ao final perde o cofriño pola enchenta do río, pero...
-Mestre: Falando do rebusque, aí di:"O campo da festa ulía a fiuncho e a nébedas". Sabiades que antigamente as nébedas se utilizaban como especie?
-Alumno 5: Eu nin as coñezo! Como para sabelo!
-Alumno 1: Eu algo teño oído delas na casa. (Intentando fardar sen éxito) E que miña avoa foi carniceira e claro...
-Alumna 2: Ah... si, mestre, antes de que se me esqueza, cando está de loito de que non pode ir a festa por culpa dos betós negros. Que é eso?
-Mestre: Antes para indicar o loito levábase na solapa de chaqueta un botón negro. O que pasa é que no libro escrébense moitas palabras según a súa pronunciación nesa zona, cando tiñan que estar ben escritas claro. (O mestre é interrompido polo timbre que indica o final do recreo).  Rematamos. Pois ata a semana que vén. Pasádeo ben.
-Todos os alumnos:(desordenadamente , cada un o seu tempo) Adeus.