MÁIS BONITO DO QUE IMAXINEI _ ISAAC LENDOIRO



Querida profe:

A que non te imaxinas onde fun de viaxe este verán?
Ao pazo de Oca! Oes ben, ao pazo de Oca! Foi mais bonito do que imaxinei.




Marchei o día 15 de Xullo co meu pai,a miña nai e a miña irmá no coche. O día estaba con nubes e claros pero grazas a Deus non choveu.

Cando cheguei non cría o que vían os meus ollos. Moitísimas cores mesturadas xunto ao pazo, que na fachada tiña sete grandes fiestras nas que se reflexaba a luz do sol.

Eu seguía coa boca aberta,pero cando entrei na capela case se me descoloca a mandíbula.




Miña nai!Que cousa mais bonita! Na fachada

encontrábanse as figuras do Santo Antonio,na parte

inferior e da Santa Bárbara, na parte superior.
No interior da capela o primeiro que vin foron os tres grandes retablos que estan adornados con 35 figuras de José Gambino que case seguro que o coñeces. Ah,por certo!As figuras realizáronse no 1750.


Máis tarde ocorréumese ir dar unha volta polos xardíns que teñen dous paseos centrais, e polo medio atopas os palacetes e os pavillóns.
Tamén metínme nun túnel vexetal de 30 metros de longo e 12 metros de ancho. Vaia carreira votamos miña irmá e eu! Ha, ha ,ha! Tropecei cunha pedra e cain no estanco, buff... Vaia lio coa roupa!

En xeral foi unha das viaxes mais bonitiñas que fixen e espero que ti tamén poidas ir.

Un saúdo do teu alumno Isaac.