Miguel Barrera 2ºA As vacacións

                          AS VACACIÓNS

No verán estiven nun pobo de Zamora chamado Trabazos de Aliste que está na Serra da Culebra.

Polas mañás ía sempre cos meus amigos a pillar Wi-fi ao Concello. Como case sempre montabamos barullo, tiñan que baixar o alcalde e o secretario a botarnos a bronca. O máis divertido era xogar ao GTA San Andreas polo ordenador, pero os parvos de meu curmán e de Jorge desinstalárono.
Polas tardes ía xogar ao fútbol ao pavillón. Alí botabamos partidos ou reis de pista xa que eramos sobre vinte ou trinta. Os mellores eran Jesús que xoga no Sporting e Ibai que xoga no Athletic de Bilbao. O mellor día foi o que lle gañamos 9-8 a Viñas e gañamos de trofeo un xamón que nos daba a carnicería de Viñas.
Tamén ía facer rutas coa bici ao monte, á ribeira, aos camiños e aos pobos veciños como Latedo (8 km), Nuez (4 km) e a Sejas (4 km).


Un día fun con meu curmán Asier, con Jorge e con Adrián ata San Martín do Pedroso, que está xusto na fronteira con Portugal a 10 km. Despois fomos bañarnos á Chanera, o río que marca a fronteira con Portugal.
En Sejas cando ía cruzar o río undíuseme a roda, peguei un derrape e case caio, mentres os meus amigos rían.
Tamén fixemos a Ruta dos Lobos, unha ruta de 15 km. Chegamos mortos a casa.

Polas noites saía cos meus amigos. O mellor día foi o que veu a orquestra Ciclón que nos quedamos ata as 7:30 da mañá.
Ese día espertei ás 5 da tarde.Cando mellor o pasei foi na semana cultural. Houbo: touros, orquestras, cine ao aire libre, campionatos de fútbol (gañamos a semifinal contra Nuez e a final contra Viñas), campionatos de parchís e tute... O que máis me gustou foi o xogo do fuxitivo que era, ir en grupos de 5 a atopar a un señor que se escondeu no monte pola noite. Empezou ás 23:15 e non o atoparon ata a unha da mañá. Os que o atoparon levaron de premio un xamónque daba a carnicería de Félix. Ese día pasei moita risa porque entre as herbas estaba escondido o alcalde gruñindo e pensamos que era un xabaril e cando saltou nos pegou un susto tremendo.
TRABAZOS DESDE  O MONTE.